Benvid@!
Camiño de migas
Obxectivos de TGWiFi
   

    A nosa intención e crear un canle de comunicacións accesible para todos os interesados, con cobertura total en Taragoña e parcial nos municipios colindantes. Dito canle servirá de medio de difusión para incentivar e facilitarlle ás persoas, especialmente en zonas rurais, o acceso a unha rede inalámbrica a través da cal poderán acceder a unha serie de servizos TIC que se integrarán todos eles nunha páxina web.
A web tamén servirá de medio de expresión e difusión de información relativa á asociación.

    O noso obxetivo é claro, queremos que calquera poida acceder á sociedade da información dunha maneira sinxela e práctica.
Queremos que haxa un verdadeiro desenvolvemento tecnolóxico-social onde calquera poida resolver calquera cuestión rápidamente, ou conseguir información de calidade que o leve a un aprendizaxe efectivo.
Trátase de desenvolvemento, cultura, educación, seguridade e sobre todo liberdade. Dentro duns anos será impensable vivir sen as tecnoloxías da información, por iso en TGWiFi pensamos que chegou o momento da revolución, WiFi xa é un movemento máis que unha tecnoloxía e nós unímonos a el, ti que farás?