Benvid@!
Camiño de migas
Formas de acceso para socios

    Unha vez que un novo usuario se da de alta, formalizando todas as condicións aceptadas, actívase a súa conta no portal web e nos servidores requeridos e comunícaselle inmediatamente a súa configuración de acceso á rede. Se o usuario require a montaxe dun equipamento 802.11g, TGWiFi ocupase de instalarllo e incluso de proporcionarllo se o usuario non quere complicarse buscando el mesmo. Recoméndase este modo de instalación.

    Por outra parte se o usuario quere adquirir o equipo pola sua conta, pode facelo sempre que respete as especificacións dos equipamentos necesarios para garantir a compatibilidade na rede e mellorar o rendemento.

Cando o usuario xa ten a instalación feita, as condicións formalizadas, e os datos de acceso e configuración, pode acceder ós servizos a través da web ou da rede wireless.

Calquera usuario pode darse de baixa en calquera momento, únicamente debe avisar con 15 días de antelación.
Para participar na web: faite socio simpatizante!

Se estades dacordo cos nosos obxectivos e ca nosa maneira de tentar acadalos ou se queredes colaborar neste proxecto podedes facervos socios simpatizantes. Os simpatizantes non teñen ningún tipo de obriga ca asociación e poden participar na páxina web, na sección de soporte, máis concretamente nos foros de debate, nos blogs de TGWiFi e nas páxinas Wiki.
Se queredes facervos simpatizantes de TGWiFi somente tedes que enviar un mail a info@tgwifi.org cos seguintes datos:
  • Nome
  • Apelidos
  • Data de nacemento
  • Lugar de residencia (non é necesaria a dirección postal)
  • Dirección de correo electrónico
  • Declaración da intención de rexistrarse como socio simpatizante de TGWiFi
  • Motivos
Despois contestarémosvos á dirección que indiquedes facilitándovos un contrasinal temporal que deberedes cambiar no primeiro acceso ó portal.
 
Acceso
Acceso
Contraseña
Recuérdame



Olvidó su contraseña?
Enquisa
¿Parecenche suficientes as formas de acceso?, ¿crees que funciona ben o acceso ó portal web?

a. Parecenme moi boas e seguras
b. Poderían mellorar
c. Son inadecuadas

Enquisa
¿Compensa migrar a tecnoloxía 11n ou 11g ainda ten futuro?

a. 802.11g
b. 802.11n