Benvid@!
Camiño de migas
Cotas de socio
    As cotas de socio calcúlanse da seguinte maneira:
  • Alta:
    • Socios numerarios: Parte proporcional da inversión actual en equipos.
    • Socios usuarios: Sen cota de alta.
    • Empresa asociada:
      • Todos os servizos: Parte proporcional da inversión actual en equipos máis costes de montaxe do enlace punto a punto.
      • Enlace ADSL: Parte proporcional da inversión actual nos equipos utilizados máis costes de montaxe do enlace punto a punto.
  • Mensualidades:
    • Socios numerarios: Parte proporcional da liquidez necesaria para facer fronte a todos os compromisos da asociación máis unha provisión para posibles erros de hardware.
    • Socios usuarios:  Idem. que os numerarios máis o pago fraccionado da cantidade equivalente á cota de alta máis un 20% de recargo (por pago fraccionado) nos dous primeiros anos.
    • Empresa asociada:
      • Todos os servizos: O dobre da cota dos socios numerarios (por uso intensivo e continuado) máis un recargo do 25% por utilización nunha actividade con ánimo de lucro.
      • Enlace ADSL: A mesma cota que os socios numerarios máis un recargo do 25% por utilización nunha actividade con ánimo de lucro.
    Deste xeito, como as cotas son calculadas en base a partes proporcionais, segundo aumente o número de usuarios descenderá a cuantía das cotas. Calquera variación nos costes dos compromisos de pago ós que teña que responder a asociación tamén derivarán nunha modificación da cuantía das cotas de socio.

    As cotas vixentes para o 2006 e 2007 son as seguintes:
  • Cota de alta:
    • Socios numerarios: 200€
    • Socios usuarios: 0€
    • Empresa asociada:
      • Todos os servizos: 300€
      • Enlace ADSL (para zonas fora de cobertura ADSL): 150€
  • Cota mensual:
    • Socios numerarios: 20€
    • Socios usuarios: 30€ (os primeiros 2 anos, logo a mesma cota que os numerarios)
    • Empresa asociada:
      • Todos os servizos: 50€
      • Enlace ADSL: 25€
    Aqueles interesados en probar ou asociarse por un periodo corto de tempo atoparán máis atractiva a opción de usuario, en cambio aqueles que aposten por TGWiFi a máis longo prazo, como aposta de futuro, observarán que a primeira opción lles é máis rentable.

Os socios numerarios diferéncianse dos usuarios porque teñen voz e voto (os usuarios só voz) e porque poden ter ata tres dispositivos conectados simultáneamente, sempre e cando dous de eles sexan móbiles.

As empresas asociadas poderán optar por ter acceso a tódolos servizos TIC de TGWiFi ou simplemente por ter un enlace cunha liña ADSL contratada pola propia empresa e ubicada nas nosas instalacións. Neste último caso TGWiFi soamente faría de ponte entre unha zona sin cobertura ADSL e outra que si a teña (opción válida para zonas fora de cobertura ADSL).

O pago das cotas faráse efectivo mediante cargo en conta bancaria a primeira semana de cada mes.