Benvid@!
Camiño de migas
Presentación


    ADNTIC-TGWiFi é unha asociación sen ánimo de lucro, "Asociación para a Difusión das Novas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións - Taragoña WiFi", que pretende proporcionar un canle de comunicacións inalámbrico con cobertura en Taragoña e nos municipios colindantes da comarca do Barbanza.
    A través de dito canle desenvolveránse actividades encamiñadas a difundir e facilitar a utilización das novas tecnoloxías ós seus socios e usuarios, así como actividades socioculturais.

Manifesto:
    A nosa intención e crear un canle de comunicacións accesible para todos os interesados, con cobertura total en Taragoña e parcial nos municipios colindantes. A cobertura da rede irá aumentando segundo aumenten os seus asociados. Dita rede podería conectarse con outras redes doutras asociacións similares á nosa ca finalidade de proporcionar ós usuarios unha cobertura aínda maior e máis conectividade. Todo é cuestión de tempo.

Posibilidades:
    Imaxinade unha conexión inalámbrica de banda ancha para poder desfrutar dun sinfín de servizos TIC.
    Imaxinade poder conectarvos co voso portatil, pda ou calquera outro dispositivo WiFi dende calquera lugar.
    Imaxinade ter un servidor remoto ó que poidades acceder dende calquera lugar do mundo a través de Internet.
    Imaxinade a posibilidade de xogar en rede ós vosos xogos preferidos, acceder a todos os servizos TIC de TGWiFi, realizar conferencias ou videoconferencias e (no futuro) ver a televisión dixital a través dun único canle de comunicacións, sen necesidade de liña de teléfono, antena de TV ou DVB.
    Deixade de imaxinar, o proxecto está en marcha, ese día chegará. Nós poñemos os medios para un avance tecnolóxico e para que calquera interesado poida acceder a el, a comunidade fará o resto.

Servizos:
    Os socios e usuarios de TGWiFi poderán desfrutar entre outros dos seguintes servizos TIC: Mail, Blogs, Foros, Wiki, Chat, SSH, FTP, FreeNX, VNC, P2P, Mensaxería Instantánea Jabber, Buscador DNS, WebWhois, ProxyWeb ...
    Ademáis hay unha serie de servizos dispoñibles para todo o mundo: Traductor, Diccionario, Buscador, Calculadora, Cambio de divisas, Conversor de unidades, Calculadora de préstamos, Xerador de contrasinais, Feeds de novas, Información bursátil, Información meteorolóxica ...

Vantaxes para socios:
    Ademáis, tódolos socios teñen as seguintes vantaxes a maiores:
    -Socios numerarios: Posibilidade de conectar ata 3 dispositivos simultaneamente (Ex.> PC, Portatil, PDA), ademáis de tódas as outras vantaxes.
    -Socios usuarios: WebHosting, E-mail, Almacenamento remoto FS (RAID5 XFS), Almacenamento remoto DB (MySQL, PostgreSQL) (ata 7GB de espacio total) e acceso gratuito a todos os eventos organizados pola asociación.
    -Empresa asociada: Posibilidade dunha conexión de alta velocidade ADSL (ata 8Mbps) cun enlace punto a punto dedicado para zonas fora de cobertura ADSL.

Todos estes servizos tras servidores seguros Linux a través dunha rede wireless cifrada.