Os nosos servidores ofrecen unha serie de servizos dispoñibles para os usuarios da rede, entre eles destacan:  Servidor de páxinas web. Sirve as páxinas da web da asociación mais a webs de cada un dos asociados. Servidor de correo electrónico cifrado con TLS con ata 7GB de armacenamento con filtro antispam e antivirus. Servidor de FTP con espacio de ata 7GB para cada asociado, mais un espazo común para intercambio de ficheiros, descargas de interese xeral... Acceso remoto seguro o servidor en modo texto . Xestor de descargas P2P centralizado. Servidor de Mensaxeria Instantánea seguro (TLS) con soporte para conferencias e transferencia de ficheiros. Acceso remoto gráfico seguro cifrado con SSL e con alta compresión, ideal para acceso dende Internet polo mínimo consumo de ancho de banda. Servidor de ficheiros para clientes Windows. Servidor de ficheiros para clientes Linux. Compartición de recursos de almacenamento entre servidores de TGWiFi. Sistema para a sinxela configuración dos parámetros da rede de TGWiFi. Servidor de Nomes de Dominio, resolve as peticions dos clientes tanto dentro da rede como do exterior.
Todos estes servizos son ofrecidos a asociación gracias a ferramentas libres (software libre) como Linux, Ubuntu, Postfix, Courier, FreeNX, Samba, Wildfire, MLDonkey... e un longo etc.
|